mercado

Prensa miserábel

miserabel1

Querería, antes que nada, pedirlles que me desculpen por escolmar, esta vez, o galego coma lingua de opinión. Con esta intervención nun idioma que ando a aprender, querería amosar o meu amor polas linguas romances ben como a idea de que estas institucións culturais deberían servir máis para unir que para separar as persoas. Agardo que non teñan ningún problema en seguirme. Imos aló.

miserabel2Rafael Nadal Parera acaba de se proclamar por décimo cuarta volta campeón dos Internacionais de Tenis de Francia en Roland Garros. Xa é portada, como mínimo, das seccións deportivas da meirande parte dos xornais de España... e do mundo. Mais non se fagan Vostedes ilusións, non o será nunca en Nós, periódico voceiro do independentismo galego, onde endexamais teñen cabida novas nas que non interveñan dalgún xeito protagonistas da súa Galiza (o topónimo Galicia, igualmente válido, non o verán escrito ningures, pois é considerado signo de tepedeza).

De maneira que, hoxe, por exemplo, a primeira nova é que o Deportivo xogará unha final para ascender á... Segunda División (dito así, sen a precisión de que se trata, xaora, da Liga Profesional do Fútbol Español). Seguirán a falar do Deportivo ata que as esperanzas aguantaren e, se o soño do ascenso se murcha, voltarán tratar da lexítima oficialidade das seleccións galegas ou de calquera equipo o deportista galego que consiga un logro en calquera eido, por moi marxinal que este sexa.

miserabel3É indubidábel que Nós é o lugar onde se poder ler o mellor galego que se escribe na prensa nese idioma aínda que teño que admitir que deixei de o facer pola insuportábel visión tendenciosa de demasiados dos seus contidos.

Fica claro con este tipo de no-nova que o odio, combustíbel do que se nutren os independentistas, se pode plasmar non só a través do que se di senón tamén a través do que se cala. Isto fai que a expresión da cabeceira do xornal galeguista semelle máis ben unha especie de brinde ao sol ou de falso amigo. Non se eganen Vostedes: o seu Nós, lonxe de apertar o conxunto dunha comunidade de lectores en galego, o que fai é excluír a todos aqueles que non comunguen co exclusivismo nacionalista. Trátase dun nós tan illado coma a aldea gala das bandas deseñadas de Astérix. Un nós que produce un certo rubor alleo nestes tempos tan convulsos que estamos a vivir (e que non teñen trazas abondas de mellorar a curto prazo). Tempos nos que parece cada vez máis claro que a unión fai a forza perante os desafíos de todo tipo que nos ameazan.

Pois ren, señores de Nós. Seguide así, eructando indixestións e perdendo lectores. Prefiro os padecementos formais na Voz de Galicia á vosa ortodoxia lingüística que me deixa adoito un sabor a fel.

E pido, máis unha vez, aos meus lectores, que me excusen. Non volverá acontecer. O, polo menos, non acontecerá para voltar criticar a eses miserabeis de Nós.

Imprimir

lanochemasoscura